Teatro Afeccionado

A POUSADA MÁXICA [CICLO DE TEATRO AFECCIONADO CANDILEJAS DON BOSCO]

OBRA: A POUSADA MÁXICA

GRUPO: ARJÉ TEATRO

Arjé Teatro propúxose este ano homenaxear a Carlo Goldoni (1707–1793), dramaturgo italiano de variada produción. Para tal fin escollemos dúas obras que representan os dous ámbitos de traballo, as dúas almas escénicas, do noso autor veneciano: ‘O anel máxico‘, típico exemplo da commedia dell´arte, co seu ritmo frenético e personaxes característicos, e ‘A pousadeira‘, un dos seus maiores éxitos, fiel expoñente da comedia burguesa de crítica de costumes e reflexo do ambiente ilustrado do XVIII.

‘A pousada máxica’, título da fusión de ambas pezas levada a cabo por Arjé Teatro, integra nunha soa ficción dramática a comedia realista e máis a fantástica, pero convertendo esta última -‘O anel máxico‘- nunha función dada por unha compañía de cómicos na pousada onde se desenvolve ‘A pousadeira‘. Pretendemos así, por graza do meta teatro, conciliar nunha unidade orgánica as dúas facianas creativas de Goldoni, o autor que fixo do teatro a súa paixón recorrente.

Prezo: 3 €
Duración: 105 minutos
Idioma: GAL
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 6 de Xullo de 2016 | 20:30

SINOPSE

Mirandolina rexenta en Florencia unha pousada que enche co seu encanto. Hóspedes de alta condición réndenlle a súa homenaxe coa esperanza de conquistala... ou polo menos roubarlle un bico. De tres cabaleiros que se aloxan na súa pousada, dous están namorados dela, pero o barón, desprezador das mulleres, trátaa groseiramente e rise dos seus camaradas. Para escarnecelo, Mirandolina proponse seducilo...

Como remate do enredo, e para conciliar os ánimos alterados no xogo da sedución, a pousadeira exhibirase diante dos seus hóspedes como improvisada protagonista feminina nunha hilarante función teatral argallada ás présas cunha compañía de cómicos ambulantes.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: LAURA CALVO, LUIS LAGO, LUÍS PREGO, FRANCISCO J. VÁZQUEZ, MATEO POCIÑA, AINHOA RUÍZ, BEA DOMÍNGUEZ, SERGIO RÍOS, MARIO LEIRA, MARÍA VÁZQUEZ, ANTÓN VARELA, DANIEL ARIAS, NURIA FERNÁNDEZ, AARÓN TENREIRO, HUGO CALDEVILLA. DIRECCIÓN ESCÉNICA: JAVIER DE MELO, FERNANDO QUEROL.