Teatro Afeccionado

‘Retrato en branco e negro’ [V MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]

A Asociación Cultural Ditirambo Teatro Coruña foi constituída en 2015, aínda que todos os seus integrantes proceden do mundo do teatro e teñen unha ampla traxectoria, ben sexa como actores, dramaturgos ou, coma no caso do director da obra Santiago Fernandez, como fundador do Estudo de Teatro Casahamlet.

Prezo: 5€
Duración: 60 minutos
Idioma: GAL
Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 6 de Outubro de 2016 | 20:30

SINOPSE

Nai e filla enfróntanse ao pasado tras dezasete anos de dolorosa separación. O encontro prodúcese na casa familiar onde o tempo parece deterse. A violencia dos seus reproches e a sombra da traizón impiden o achegamento. Rivais, á vez que cómplices, ambas buscan o acubillo nos brazos da tata Herminia, a muller que arrolou as súas vidas. Un drama, en tres actos, nos que a amor se amosa desafiante e destrutivo.



FICHA ARTÍSTICA

AUTORA: LOLA ROEL. DIRECTOR: SANTIAGO FERNÁNDEZ. ELENCO: MAICA COTELO, MÓNICA CARBALLO, CHELO FALCÓN. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: LOLA ROEL. ESCENOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO: IGNACIO PÉREZ. ATREZO: MERCEDES CANCELA. ILUMINACIÓN: RICARDO VERDES. SON: BORJA PÉREZ