Prezo: 5€
Duración: 60 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 10
Duración: 60 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 10
IDEA E GUIÓN: CREACIÓN COLECTIVA. DIRECCIÓN: RAMIRO NEIRA. REPARTO: JOSE VÁZQUEZ-GUNDÍN, RAFAEL PAZOS, SONIA VILA, MIGUEL ACÓN, CARMEN ORTEGA, MARÍA FERNÁNDEZ, CHARO FLORES, MARISOL CARBALLEIRA, LÚA GAREA, SACHA BUJÁN, IVANOTE.
‘Meetic Shakespeare’ [V MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]
A Escola Municipal de Teatro do Concello de Sada arranca a súa actividade en 2003, cun proxecto centrado en diferentes sectores de idades (infantil, adulto e 3ª idade). Os obxectivos máis importantes que xustificaron a creación foron:
Esta iniciativa buscaba tamén crear un grupo de xente moza interesada no teatro, que servise para desenvolver futuras iniciativas no eido das artes dramáticas. Ademais, unha finalidade importante foi sempre a de aumentar o gusto polo teatro e o coñecemento de diferentes propostas artísticas do público sadense, nunha época na que se intentaba establecer unha programación anual estable de espectáculos teatrais dende o auditorio municipal.
Despois dalgún cambio realizado na concepción e na dirección da escola municipal, os últimos anos foron de grande evolución, creándose un vínculo e unha motivación coa forza suficiente como para manter o compromiso interanual da maior parte dos seus compoñentes. Podemos mirar con ilusión ao futuro, con signos esperanzadores: os grupos de idades infantís están consolidados e manteñen unha participación constante e moi nutrida, o grupo de adultos conseguiu acadar unha continuidade que lle permite profundar no traballo da aprendizaxe teatral, xorde por primeira vez un grupo xuvenil que se revela como un grupo de gran creatividade e compromiso.
Ademais, os resultados das últimas creacións acadaron un nivel de calidade que permitiu á escola municipal presentar o seu traballo en teatros como o Fórum Metropolitano de A Coruña ou o Gabriel García Márquez de Mera.