Humor

CÓMICAMENTE

DESCONTO DO 20% NA TAQUILLA FÍSICA E CANLE TELFÓNICO MERCANDO A TÚA ENTRADA PARA GOYO JIMÉNEZ.

Etiqueta Negra presenta Cómicamente, un novo encontro co humor o día 15 de outubro, no Teatro Colón de A Coruña.

Cómicamente ofrece a oportunidade ao espectador de ver sobre un mesmo escenario a humoristas de diferentes estilos, co obxectivo de reunir nunha mesma cita, artistas con diferentes enfoques á hora de facer comedia. Nesta ocasión, o evento trae un cartel formado por novos talentos do humor, que nos presentarán fragmentos dos seus mellores monólogos.

Así para esta edición de Cómicamente, reuniremos sobre o escenario a Sara Escudero, gañadora do último certame do Club da Comedia, e actualmente presentadora no programa da Sexta tv “Zapeando”, David Navarro un dos grandes talentos do “stand-up comedy” en España, unha besta sobre o escenario, e a Maru Candel que leva desde 2005 dedicándose á comedia e percorrendo España cos seus espectáculos de “stand-up comedy”, actualmente compaxina o seu espectáculo unipersoal “XXL” coa xira de “O club da Comedia Woman”.

Sen dúbida Cómicamente beneficiará a súa saúde, aconsellamos recomendalo a todos as súas amig@s, non lles defraudará.

Prezo: 10€ (VR) / 14€ / 17€
Duración: 95 MIN
Idioma: CAS
Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 15 de Outubro de 2016 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

INTÉRPRETE:  Sara Escudero, David Navarro e Maru Candel.