Comedia

MADRE MÍA! CÓMO ESTÁ ESPAÑA!

Despois de rematar a triloxía: Golfus Hispánicus, Yo Quevedo e Moncho Panza. Moncho Borrajo volve ser Moncho Borrajo. É dicir que retoma os seus principios e é o Moncho improvisador, pallaso, tenro, deslinguado, acedo, cariñoso, politicamente incorrecto, cantante….

Ese Moncho que cumpre o ano que vén 45 anos no mundo do espectáculo. Só iso e todo iso. Moncho Borrajo sacou os sorrisos a millóns de españois e nos tempos que corren, nunca foi máis necesario velo en directo e deixarse levar, porque como dixo un crítico unha vez.” Moncho Borrajo é un manipulador de sensacións”

Prezo: 18€ (VR) / 22€ / 35€
Duración: 100 MIN
Idioma: CAST
Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 1 de Outubro de 2016 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: MONCHO BORRAJO