Teatro

VOADORA, ‘Calypso’

Despois do incontestable éxito de ‘A Tempestade’, unha produción internacional de gran formato onde amosabamos a nosa particular visión de Shakespeare e que nos tivo 2 anos de xira por moitos dos principais festivais da península (Almagro, Almada, MIT, Guimaraes, Alcalá, El Escorial, Olmedo, FITO, FIOT…), en Voadora regresamos ás novas dramaturxias sendo fieis á nosa filosofía de dar un xiro de 180 graos a cada novo proxecto.

Calypso’ é unha obra escrita para Voadora por Fernando Epelde, sen dúbida unha das plumas máis interesantes do panorama teatral español: dúas veces gañador do premio Jardiel Pondela 2014 e 2012, Premio Abrente 2014, Tirso de Molina 2011 e Marqués de Bradomín 2009, entre outros.

Ninguén coma el para por texto á nosa poética-estética, xa que no seu universo dramático destaca o interese polas contradicións tanto da arte coma do home contemporáneo, temas moi afíns ao discurso da compañía sobre os que profundamos en ‘Calypso’.

Voadora

Prezo: ANTES 15/01/2017: 5 € (VR) / 8 €. A PARTIR DE 16/01/2017: 5 € (VR) / 10 €
Duración: 60 minutos
Idioma: GAL
Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 3 de Febreiro de 2017 | 20:30
  • Sábado, 4 de Febreiro de 2017 | 20:30

SINOPSE

Pareces distinto, ¿fixécheste algo no pelo? Non lembraba esa parte desta canción… ¿é unha versión? A pata da mesa xa non calza coma antes, a porta non pecha… Botes de crema que non se terminan nunca, obxectos que cambian de lugar misteriosamente… a realidade non é a mesma cada mañá.

Heisenberg pregunta se existe o mundo cando non o miramos e Einstein responde que el prefire pensar que a lúa segue alí cando non lle facemos caso… pero no medio dos dous, os protagonistas de CALYPSO: R, G e B fan o seu traballo.

Eles son os responsables de que, cada mañá, canto espertes, todo estea no seu xusto lugar, tal e como ti o deixaches a noite anterior. Aínda que, claro… como di Billy Wilder: “Ninguén é perfecto”.

A cuántica está moi ben, pero… dime “¿Cómo nos afecta todo isto a ti e a min agora que parece que o noso remata? ¿Agora que, en verdade, todo remata? E, sobre todo… ¿Cómo lle afecta todo isto ao noso can?

Calypso é unha despedida afectuosa a un sistema que se derruba e un saúdo curioso a unha nova orde aínda por descubrir.

Fernando Epelde



FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: JOSE DÍAZ, MARTA PAZOS, HUGO TORRES. DIRECCIÓN: MARTA PAZOS. TEXTO: FERNANDO EPELDE. TRADUCIÓN GALEGO: CARLOS LOSADA. TRADUCIÓN INGLÉS: CRISTINA RIO. ILUMINACIÓN: RUI MONTEIRO. ESCENOGRAFÍA: JOSÉ CAPELA. EDICIÓN DE IMPRESIÓNS: ANTONIO MV. MÁSCARAS: CÉSAR LOMBERA. MÚSICA ORIXINAL: JOSE DÍAZ, HUGO TORRES. VOZ EN OFF: JOYCE PHILLIPS.