PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA | MAIOJAZZ: SUMRRÁ 7 VISIÓNS
Tras 21 anos xuntos e centos de concertos por medio mundo, o trío de jazz galego máis internacional presenta o seu séptimo disco, SUMRRÁ 7 VISIÓNS.
O pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido dan a luz un novo traballo discográfico que supón a consolidación dunha forma única de entender a música ao vivo. Unha madurez e unha frescura case inconcebible hoxe en día, que fan do trío de jazz galego un grupo de culto que foi sumando adeptos ó longo de todos estes anos, a través dos seus discos, dos seus concertos e das súas xiras. Seúl, Marrocos, París, Beijing, Shanghai, México, Portugal, Nicaragua, Bolivia, Sudáfrica, Guatemala, El Salvador, etc…
Neste último álbum SUMRRÁ fai o exercicio tan inspirador de coller perspectiva e replantarxarse, a través da música, a nosa propia existencia. Os tres músicos afincados en Compostela miran con novos ollos ó ‘Sapiens sapiens’, ó ‘Espazo interior’ ou a ‘Ra’. Reflexionan sobre a nosa posición na ‘Periferia Universal’ ou a eterna danza das ‘Forzas Gravitatorias’. Contan a través da súa música que foi o que aconteceu ‘13.700 millóns de anos despois’ ou por que son 7 os graos que separan ‘Asuán de Alexandría’. Un resultado tan sorprendente como revelador. ‘7 visións’ lúcidas, arrolladoras, xeniais…
MAIOJAZZ: Sumrrá