Humor

EMHU: Car de Lorenzo, Xurxo Carreño, El Cejas e Animalize21

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO DA CORUÑA (EMHU)

 

Car de Lorenzo, Xurxo Carreño, El Cejas e Animalize21 presentan Sen datos non hai paraíso.

Catro estrelas da comedia en redes sociais xúntanse para presentar en exclusiva mundial o seu primeiro espectáculo de comedia en vivo. El Cejas, Car de Lorenzo, Xurxo Carreño e Animalize21 xuntan entre os catro máis de 19 millóns de seguidores. Se todos os seus followers decidiran vir a ver o espectáculo a cola chegaría ata Sebastopol, así que non o deixes para o último día. Cada un deles, por separado, son referentes en Instagram, en Youtube ou en Tiktok, e agora temos a ocasión de ver aos catro en vivo sobre un escenario.

Sen datos non hai paraíso —the laif experiens— é un espectáculo teatral con forma de programa de televisión no que se mesturan as linguaxes de Youtube, Instagram e Tiktok. El Cejas ten, por primeira vez, o seu propio Late Night, o seu propio espectáculo, e alí o visitarán unha imprevisible fauna de invitados que tratarán de sorprendelo con sketches, monólogos, vídeos, dobraxes e cancións. Todo en vivo, todo en directo e todo no Teatro Colón de A Coruña, dentro do EMHU.

Trátase dunha festa na que Car de Lorenzo, El Cejas, Xurxo Carreño e Animalize21 son os anfitrións, unha festa na que atoparse con todos os seus seguidores. Un encontro no que pode pasar calquera cousa porque a festa de verdade ten que ser como O Quixote, que todo o mundo sabe como empeza, pero ninguén como acaba.

CONSULTA OS ABONOS PARA O ENCONTRO. SÓ ONLINE