Músicas chegadas do Oeste que empaparon a vida cultural coruñesa
A Deputación da Coruña ofrece a oportunidade de gozar no Teatro Colón de catro formacións de auténtico luxo. Actuarán Filloa’zz Quintet, músicos que actúan habitualmente no Jazz Filloa ofrecendo tributos a grandes do jazz; Imägo; Greasy Belly e Rockers Go To Hell. Haberá convidadas que ofrecerán grandes momentos e contaremos con Diana Sieira presentando o evento.
Un espectáculo que constata o fondo calado que a cultura das músicas negras chegadas dende os Estados Unidos marcaron a vida cultural na cidade da Coruña. Un impacto tanto para múltiples formacións artísticas, para o público e para as salas de concertos, teatros e outros espazos que as acollen dende fai décadas, dende o gospel, o jazz, o soul e o rock nas súas múltiples variantes.
Iso si, son todo ritmos creados orixinalmente polas comunidades negras chegadas dende África, compre lembralo. O Atlántico como nexo de unión para as vibracións que emocionan a tanta xente.
A Conexión Atlántica