Música

Maio Jazz | Verónica Ferreiro & Javier Sánchez Quinteto

MAIO JAZZ

 

Con virtuosismo e unha presenza hipnótica, Verónica e Javier sacoden os códigos do jazz, creando unha paisaxe sonora innovadora e vibrante. CAMIÑO foi o seu primeiro opus conxunto, toda unha revelación no seu campo, unha obra que namorou ao público de prestixiosos escenarios como os do Festival JazzMadrid ou o Jazzaldia de Donostia. Agora volven con novas creacións, expandindo o seu rexistro e explorando o folclore.

Verónica e Javier infunden paixón e devoción na súa música, palpables en cada actuación. A súa calidade musical e interpretativa embárcanos nunha montaña rusa de vulnerabilidade e euforia xubilosa. A emotiva voz de Verónica, xunto coa mestría de Javier na guitarra, crea unha sinerxía transcendental que toca profundamente ás súas audiencias. É unha experiencia atemporal onde cada concerto sente como unha íntima reunión de almas afíns, unidas polo poder magnético da linguaxe universal da música.

Para esta ocasión especial, na cidade de Verónica, virán acompañados de tres recoñecido músicos da escena jazz española: Moisés P. Sánchez ao piano, Ander García ao contrabaixo e Borja Barrueta á batería.