Prezo: 14€ | 16€ | 19€
DATAS E HORARIOS
- Xoves, 16 de Outubro de 2025 | 18:00
- Xoves, 16 de Outubro de 2025 | 20:30
- Venres, 17 de Outubro de 2025 | 18:30
- Venres, 17 de Outubro de 2025 | 21:00
Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona
Chega a cuarta edición do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona. Unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario. A gala estará conducida polo Mago Murphy (Madrid) e contará cos multipremiados números de David Burlet (Francia), Nacho Samena (Galicia), Seimei (Corea) e a incrible posta en escena da Compañía Mag Edgard (Barcelona).