Asier Etxeandía trae ao Teatro Colón El Intérprete
A cita será o domingo 5 de outubro ás 20.30 horas
O vindeiro domingo 5 de outubro ás 20.30 horas Asier Etxeandía presenta no Teatro Colón El Intérprete, un percorrido musical polos temas e artistas que marcaron a vida do actor vasco, cunha carreira que foi recoñecida con diversos premios, entre eles un MAX, un premio Unión de Actores ou un Telón Chivas. As entradas acaban de saír á venda e poden adquirirse a través das canles habituais.
Baixo a dirección musical de Tao Gutiérrez e con dramaturxia de Álvaro Tato é unha viaxe persoal a través das cancións e intérpretes solitarios que marcaron a nosa vida, e de seguro marcarán a de moitos outros tamén. Unha proposta que os seus creadores definen como ‘Un espectáculo que atraviesa cantando el espejo de la experiencia para transmitirnos verdades en tercera persona’, verdades que se transforman en ‘El Intérprete’ en un grupo de artistas liderados por Asier Etxeandía, para ofrecernos un concerto íntimo e elegante con Guillermo González no piano, o contrabaixista Enrico Barbaro e Tao Gutiérrez na percusión.
O espectáculo da tempada que a crítica definiu como ‘catarsis, brillante y extravagante a partes iguales, derroche, felicidad compartida del niño que cantaba cara la pared...’ poderá verse o domingo 4 de outubro ás 20.30 horas.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona.

COMPRA ENTRADAS PARA EL INTÉRPRETE