CAMBIO DE ESPECTÁCULO DO BALLET CARMEN ROCHE

Por causas alleas ao Teatro Colón e debido á baixa de dous dos bailaríns de ‘El sueño de una noche de verano’  temos que comunicar un cambio no espectáculo co que nos visitará o premiado Ballet Carmen Roche o vindeiro sábado 8 de novembro ás 20.30 horas.

En lugar da adaptación do clásico de Shakespeare presentarán ‘Timeless, de Petipa a Nacho Duato’, un espectáculo co que viaxar polo mundo da danza, dende o clásico brillantemente executado ao contemporáneo máis vangardista, pasando polo estilo neoclásico propio de Nacho Duato.

Ademais, as coreografías son introducidas por un material audiovisual inédito no que Carmen Roche e o propio Nacho Duato nos presentarán unha a unha as pezas que irán desgranando e que nos achegarán máis á danza