Cancelación de ‘Las Dos Bandoleras’

A función de Las Dos Bandoleras, prevista para o vindeiro venres 19 de decembro ás 20:30 h cancélase por causas alleas ao Teatro Colón. Aquelas persoas que adquirisen entradas para ver o espectáculo poden pedir a devolución do importe pola mesma canle pola que realizaron a compra.

A produtora do espectáculo, Factoría Escénica Internacional, acaba de informar que cancela a xira do espectáculo por problemas de saúde dunha das actrices protagonistas.

LAS2BANDOLERAS
Aquelas persoas que adquirisen entradas para o espectáculo poden pedir a súas devolución a través da mesma canle de compra: ou ben nos despachos de billetes do Teatro Colón, Praza de Ourense ou Centro Sociocultural Afundación (Cantón Grande, 8), ou a través do teléfono de Servinova 902 504 500 para aquelas persoas que as adquirisen a través deste portal.

O Teatro Colón lamenta os inconvenientes que esta cancelación poida ocasionar.