DON JUAN TENORIO EXPERIMENTADO

Don Juan Tenorio Experimentado é unha acción formativa do Teatro Colón. A proposta une a un equipo de xente maior –xubilados e pre-xubilados na súa maioría-, un conxunto de persoas que lle aportan á obra a visión da experiencia. Os integrantes do equipo reciben unha serie de formación que lles axudará a desenvolver as ferramentas para levar a cabo o proxecto. A idea é dar voz e visibilidade ao colectivo de xente que xa finou a súa etapa como traballadores, ofrecéndolles unha oportunidade para que nos acheguen a súa visión deste clásico teatral e creando unha rede de colaboración entre distintos profesionais e entidades do ámbito local, xa que tanto os actores que compoñen o elenco como todos os integrantes do equipo de produción son xente maior pero con ganas de vivir novas experiencias e ánimo colaborador.

Representar o ‘Don Juan Tenorio’ en torno ao Día de Defuntos é unha tradición que se remonta ao ano 1722 e que está relacionada co papel fundamental que a morte desempeña na obra. O Don Juan Tenorio de Zorrilla é a resposta romántica a un dos tópicos máis produtivos da literatura universal. A acción comeza cunha aposta entre Don Juan e Don Luis que reta ao primeiro deles a conquistar unha novicia. O xogo convértese en todo un escándalo na sociedade sevillana da época.

REPARTO: BENJAMÍN KÖNIG, CARMEN ORTEGA, DOLORES LÓPEZ, EDUARDO VÁZQUEZ, FCO. JAVIER CARRILLO, FRANCISCO LÓPEZ, JAVIER GONZÁLEZ-PALENCIA, JOSÉ LUIS DE LA CUESTA, JOSE RODRÍGUEZ, LOLA GONZÁLEZ, Mª CARMEN SÚAREZ, MANUEL AMENEDO, MANUEL CHACÓN, MARIQUIÑA MIRAGAYA, PILI PÉREZ, SILVIA LARROSA, SOFÍA IGLESIAS. DIRECCIÓN: RICARDO MARTÍN. DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: MANUEL RODRÍGUEZ-GIGIREY. AXUDANTE DE PRODUCIÓN: JOSÉ ANTONIO CACHAFEIRO. COMUNICACIÓN: JOSÉ MARÍA ARES. FOTOGRAFÍA: JOSÉ MARÍA SÚAREZ. ILUMINACIÓN: ALBERTO CASAS. SON: GONZALO ARIAS. DESEÑO GRÁFICO: FERNANDO LÓPEZ RIVERA, GONZALO ARIAS. VESTIARIO: ESTHER ÁLVAREZ, CARMEN ALDAO, CARMEN VIDAL. REVISIÓN DE TEXTOS: RAFAEL ALONSO. ARTIFICIEIRO: JESÚS GÓMEZ. ESCENOGRAFÍA E DECORADOS: JOSÉ MARÍA CABALEIRO. OBRADOIRO DE CONFECCIÓN: ASOCIACIÓN ANTONIO NOCHE.

LUNS 31 DE OUTUBRO – TEATRO COLÓN – A CORUÑA

CARTEL_PEQ