El Monaguillo e Asier Etxeandía traen os seus espectáculos ao Teatro Colón esta fin de semana

Esta fin de semana preséntase para os espectadores do Teatro Colón chea de humor e música. O venres 3 El Monaguillo protagoniza a comedia La Curva de la Felicidad. A programación continúa coa actuación de Joaquín Reyes o sábado 5 e coas entradas esgotadas dende hai unha semana. E o domingo despedimos a semana por todo o alto co espectáculo musical do momento, El Intérprete, co actor vasco Asier Etxeandía como protagonista.

La Curva de la Felicidad é unha comedia que xira en torno á crise dos corenta no xénero masculino. Sergio Fernández ‘El Monaguillo’ –popular humorista coñecido polas súas aparicións televisivas- Josu Ormaetxe, Antonio Vico e Jesús Cisneros son os seus protagonistas. Os catro dan vida a esta proposta moderna e actual que pon de manifesto a fraxilidade do home de corenta cando se rompe a parella, as dificultades para vivir só ou para ter acceso a unha vivenda. Unha proposta para os namorados, os separados, para os que tratan de refacer a súa vida, para os que soñan con comprar un piso…

Cuando era pequeño me ponía contra la pared y cantaba’

O domingo 5 de outubro ás 20.30 horas Asier Etxeandía presenta no Teatro Colón El Intérprete, un percorrido musical polos temas e artistas que marcaron a vida do actor vasco, cunha carreira que foi recoñecida con diversos premios, entre eles un MAX, un premio Unión de Actores ou un Telón Chivas.

Baixo a dirección musical de Tao Gutiérrez e con dramaturxía de Álvaro Tato El Intérprete é unha viaxe persoal a través das cancións e artistas solitarios que marcaron a nosa vida, e que de seguro marcarán a de moitos outros. Unha proposta que os seus creadores definen como ‘Un espectáculo que atraviesa cantando el espejo de la experiencia para transmitirnos verdades en tercera persona’, verdades que se transforman en ‘El Intérprete’ nun grupo de artistas liderados por Asier Etxeandía, para ofrecernos un concerto íntimo e elegante con Guillermo González no piano, o contrabaixista Enrico Barbaro e Tao Gutiérrez na percusión. O espectáculo da tempada que a crítica definiu como ‘catarsis, brillante y extravagante a partes iguales, derroche, felicidad compartida del niño que cantaba cara la pared...’.

As entradas pódense  adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.