Este domingo 2 arranca a V Mostra de Teatro Afeccionado

Moncho Borrajo presenta ‘¡Madre Mía! ¡Cómo está España!’, unha comedia que xira en torno á situación política actual e que poderemos ver o sábado 1 de outubro ás 20:30 horas. A fin de semana acolle tamén o concerto ‘Entre Tenores’, o venres 30 de setembro ás 20:30 horas e o inicio da V Mostra de Teatro Afeccionado, o domingo 2 ás 18.00 horas.

Moncho_PEQ

O venres 30 de setembro Lorenzo Moncloa, José Antonio Moreno, Victor Díaz e Ricardo Bernal farán en ‘Entre Tenores’ un percorrido por distintos estilos musicais en versión lírica, abarcando xéneros tan variados como a ópera, a zarzuela, a música latina, o pop, o bolero ou o folclore. Todo baixo o acompañamento musical de Cesar Belda ao piano.

O domingo 2 de outubro arranca a V Mostra de Teatro Afeccionado que este ano rende homenaxe á Escola de Teatro de Narón. Este grupo será o encargado de abrir esta edición coa presentación o domingo 2 ás 18.00 horas de ‘2021: unha odisea na terra’. Unha comedia familiar de aventuras escrita e dirixida por José Prieto. A obra achéganos os problemas causados pola contaminación ambiental e pretende promover as boas prácticas persoais e sociais para o coñecemento e coidade do noso entorno natural. Ao remate da función haberá unha mesa redonda que contará coa participación de Luciano Fernández – técnico de cultura de Narón- e Flor Maceiras – directora da Escola de Teatro de Narón-.

Naron_Mostra1

A programación desta edición da Mostra de Teatro Afeccionado continuará durante os xoves de outubro coas actuacións da Asociación Cultural Ditirambo Teatro, o xoves 6 ás 20:30 horas, da Escola Municipal de Teatro do Concello de Sada, o xoves 13 ás 20:30 horas e do Grupo de Teatro do IES María Casares, o xoves 20 ás 20:30 horas.