Teatro Afeccionado

A FÁBULA [CICLO DE TEATRO CANDILEJAS DON BOSCO]

O grupo de teatro Fas-que-Fas foi creado no ano 2001 dentro da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, como un medio para dinamizar a actividade cultural en Villa Florentina e para reforzar o coñecemento e difusión da obra do escritor coruñés.

A súa primeira estrea foi unha adaptación teatral do relato de Wenceslao Fernández Flórez ‘El Fantasma’, para dous actores. Cos anos o número de integrantes foi variando, sendo actualmente de 7. Dirixido inicialmente por Alicia Longueira Moris dende hai un par de anos ocúpase desta labor Fernando Martínez Gallego.

Entre as obras representadas por esta agrupación destacamos ‘Mecachis, ¡qué guapo soy!’ de Carlos Arniches, ‘O Bosque’ de Jenaro Marinhas del Valle, ‘O home que inventou unha maneira de andar’ baseada nun texto de Xabier P. Docampo, ‘Pinocha sae a pasear’, obra didáctica para a educación vial encargada pola Policía Local de Cambre, adaptación de varias estancias da novela ‘El bosque animado’ para representar na fraga de Cecebre, nas rutas literarias da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, adaptación de varias estampas de ‘Volvoreta’ do mesmo autor, textos do ‘Elógio do Sorriso’ de Júlio Dantas, ‘Los muertos se facturan y las mujeres se desnudan’ de Dario Fo, ‘Mesa para dous’ adaptación do texto de Osvaldo Dragún, ‘A Fábula’ de Iván García, contacontos e lecturas dramatizadas, etc
Ligados ao Fas-que-Fas están os grupos infantís e xuvenís da Fundación.

A_Fabula

Prezo: 3 €
Duración: 60 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 15 de Xullo de 2015 | 20:30

SINOPSE

A Fábula é unha representación do eterno retorno a través de cinco personaxes: Cárnido, Orátulo, Revóluto, Fórtido e Mínimo que loitan polo poder arredor dun carro sobre o que todos queren ir mais do que ninguén quere tirar.



FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: FERNANDO MARTÍNEZ GALLEGO. REPARTO: LUCÍA CERNADAS, SEBASTIÁN DÍAZ, INÉS GARCÍA, ALICIA LONGUEIRA, ÓSCAR SÁNCHEZ, ADRIÁN GIL. ESCENOGRAFÍA: FERNANDO LONGUEIRA, ENRIQUE SAAVEDRA. DESEÑO FIGURÍNS: JOSÉ A. FERNÁNDEZ RAMOS. VESTIARIO: MARITA MORIS. MAQUILLAXE: TALLER DE TEATRO FqF. LUZ E SON: BELÉN SANJURJO. TRADUCIÓN AO GALEGO E PRODUCIÓN: ALICIA LONGUEIRA.

IDIOMA: GALEGO