Música

AC Donaire: O Berce de Donaire

EN FAMILIA

 

Tras 2 anos onde non puidemos celebrar o noso festival infantil O Berce de Donaire, por fin volvemos na nosa décimo primeira edición. Trátase dunha gala onde a rapazada é a protagonista dun espectáculo dinámico, divertido e de calidade de música e baile tradicional.

Nesta ocasión acompañarán ás nenas e nenos da Asociación Cultural Donaire, os compañeiros da A.C. Santa María de Torás da Laracha e da A.C. Adro de Baio.