Cine

As mellores películas da historia | O espírito da colmea

CINEMA EXPERIENCE

 

NÚMERO 84 na lista das 100 mellores películas.

O cinema chega a un pequeno pobo e dúas irmás quedan fascinadas por unha proxección de Frankenstein. Ana, a máis pequena, empeza a confundir realidade e ficción nun ambiente de asfixia ocasionado pola longa sombra do franquismo. Ás veces os monstros non son o que parecen e os silencios gardan mundos no seu interior.

Convidado: Jaime Pena, programador da Filmoteca de Galicia. É crítico cinematográfico para diferentes medios nacionais e internacionais e forma parte do consello de redacción da revista Caimán Cuadernos de cine. É autor dun libro sobre O Espírito da colmea editado por Paidós e o ano pasado foi o comisario do ciclo “Ecos dun espírito. 50 anos do espírito da colmea” no Festival Internacional de cinema de Las Palmas de Gran Canaria.