PRODUCIÓNS DAC_CULTURA - Música

Atesourando a Palabra. Homenaxe Nacional a Paco Souto

“Atesourando a palabra” é un espectáculo interdisciplinar en homenaxe póstumo ao poeta Paco Souto. En coherencia coa personalidade e discurso artístico deste escritor, levarase a cabo unha posta en escena na que confluirán a poesía, a música e a plástica. Diferentes profesionais das distintas áreas dialogarán arredor da figura dun escritor amigo que nos deixou para sempre a súa voz.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 11 de Novembro de 2017 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

COORDINA E PRESENTA: Rosalía Fernández Rial. PARTICIPAN: -Poetas: Miguel Mato Fondo, Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Lino Braxe, María Xosé Fernández e Paco de Tano. -Artistas plásticos: Viki Rivadulla, Peter Kramer, Peter Schneider, Mon Lendoiro, Chiña, Abraham Vila. -Músicos: Aida Saco, Serxio Moreira, algúns músicos de Samarúas. Vídeo: Xosé Antón Bocixa Rei.