Música

Atlantic Pride: Pistoletazo de saída

De Festivais

Despois da exitosa primeira edición deste festival, avalada polas nominacións aos prestixiosos premios Fest e aos Iberian Festival Awards, a asociación Orgullo Coruña organiza un ano máis o Atlantic Pride, que se celebrará no mes de xullo na nosa cidade.

Atlantic Pride é un festival a prol da diversidade e da normalización do colectivo LGTBI, e nesta segunda edición contará con actividades dirixidas a todas as idades, ademais da amplia oferta de lecer que xa ofreceu o ano pasado.

Convidámosvos a esta primeira cita que, ademais de ser o pistoletazo de saída ás actividades do festival, servirá como presentación do cartel deste ano 2020 e contará con actuacións musicais coma sempre nun ambiente divertido e aberto para todos os públicos. Actuarán Antonia San Juan, Pupi Poisson, Nenita Danger e Yogurinha Borova.

O importe íntegro da recadación deste evento irá destinado a CASCO, o Comité Anti-Sida da nosa cidade.

Prezo: 5€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 3 de Abril de 2020 | 20:30