Música

Nani García trío + BMMC ‘Audiovisualismo’

Ciclo Cinema Experience

Nani García Trío coa Banda Municipal da Coruña e os convidados Matthew Simon e Roberto Somoza.

O espectáculo xira arredor dunha composición de Nani García, ‘Audiovisualismo’, con acompañamento de proxección, que abrirá o concerto, seguida de varios arranxos de temas emblemáticos do jazz como ‘Take Five’, de Paul Desmond, ou ‘Caravan’, de Juan Tizol e Duke Ellington, así como varios temas máis orixinais de Nani García.

Nani García, piano
Simón García, contrabaixo
Miguel Cabana, batería
Matthew Simon, trompeta solista
Roberto Somoza, saxo tenor

A Banda Municipal da Coruña conforma unha big band de 15 músicos.

Prezo: Principal (fila 1): 6€ / Principal: 8€ / Palcos laterais: 10€ / Palco central e platea: 14€



DATAS E HORARIOS

  • Martes, 13 de Novembro de 2018 | 20:30