MATINAIS -MonicrequesTeatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

As aventuras de Gale

A xanela do Maxín.

Baseada na obra de Pepe Carreiro “Historia da lingua galega, do latín ao acento de Burgos”

 

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro. Consultar horario na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 3 de Decembro de 2017 | 12:00

SINOPSE

Gale conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo. Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego. Nalgúns momentos Gale estivo moi enfermiña, case apagada, como pode ser nos Séculos Escuros, mentres que noutras etapas reluciu de esplendor. Actualmente non está no seu mellor momento e por iso mesmo precisa da nosa axuda.

FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN, ACTRIZ E TITIRITEIRA: Celtia Figueiras. GUITARRA E VIOLÍN: Carlos G. Fandiño. ACORDEÓN, FRAUTAS E VOZ: Sonsoles Penadique. ILUMINACIÓN: Fernando Martínez de Vega. ESPAZO SONORO: Luis Vallecillo. TEXTO: Pepe Carreiro, Celtia Figueiras e Séchu Sende.