Teatro Afeccionado

BACANTES, Compañía Noite Bohemia

Un famoso filósofo alemán dixo desta obra que significou o fin da traxedia, que entre a loita da razón e o irracional, o estado e a natureza, a medida e a desmesura, a individualidade e o cosmos, Dioniso e Apolo, que entre a loita de todo isto plantouse un demo, Sócrates, e que triunfou. O que si é certo é que quizais sexa a traxedia por excelencia, dunha estética sublime e dunha factura impecable.
A compañía de teatro Noite Bohemia, dúas veces gañadora do Concurso Nacional de Teatro Grecolatino, leva a escena esta obra de Eurípides, forxada sobre un coro grego numeroso e danzas para trasladar a escena o obsceno da morte, a loucura dun deus e a prepotencia dun rei.
Na actualidade máis ca nunca, as leis dun estado chocan contra os designios dunha relixión. Dionisio o deus, Penteo o rei.

Bacantes

Prezo: ANTES 15/03/2015: 3 € (VR) / 5 €. A PARTIR 16/03/2015: 6 € (VR) / 8 €
Duración: 65 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 22 de Marzo de 2015 | 19:00

SINOPSE

O deus Dioniso era fillo de Zeus e unha mortal, Sémele, filla á súa vez de Cadmo, o rei fundador de Tebas. Tras as súas viaxes por toda Asia Menor, Dioniso chega cuberto en pel de cabrito a Tebas, cidade na que se negaba a súa condición de deus, acompañado por un coro de adoradoras, formada por bacantes (adoradoras humanas) e ménades (ninfas das fontes).
As irmáns da súa nai difundirán o rumor de que Sémele deitárase con algún mortal e que Zeus fulmináraa por ter inventado a historia de que se deitara con el. Por iso, Dioniso fixéraas tolear e agora practicaban tamén ritos a Dioniso como bacantes. O rei Penteo, neto de Cadmo, tampouco lle ofrece libacións. Dioniso chegaba coa intención de demostrar que el é un deus.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: MARIO RODRIGUEZ, JAVIER CASTIÑEIRAS, ISABEL GARRIDO, MARTA COUTO, NACHO PENA, PABLO RUA. DIRECTOR: JAVIER FERNÁNDEZ MARIÑO.