Música

Bicentenario Marcial del Adalid: a memoria cantada

A Coruña celebra en 2026 o bicentenario do nacemento do compositor Marcial del Adalid, figura clave do Rexurdimento e da identidade musical galega.

Para honrar o seu legado, a Real Academia Galega de Belas Artes organiza dous concertos extraordinarios no Teatro Colón da Coruña, os días 9 e 10 de setembro, no que participarán oito institucións corais galegas que posúen a Medalla Marcial do Adalid, o máximo recoñecemento da Academia á excelencia polifónica. O encontro reivindica o papel dos coros como memoria colectiva desde o século XIX ata hoxe, á vez que reafirma o compromiso de Galicia coa excelencia artística.

Convidamos o público coruñés a participar nun fito que une tradición, cultura e futuro, coas seguintes corais históricas:

  • Coral Polifónica de Bergantiños
  • Agrupación Focclórica Cantigas e Agarimos
  • Real Coro Toxos y Froles
  • Coral Polifónica El Eco
  • Coral De Ruada
  • Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra
  • Coro Galego Cántigas da Terra
  • Coral Polifónica Follas Novas
Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 9 de Setembro de 2026 | 19:30
  • Xoves, 10 de Setembro de 2026 | 19:30