ESCOLARES -Teatro

Bicos con lingua

Máis información: comunicacion.colon@dacoruna.gal

Talía Teatro

‘Bicos con lingua’ é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara a algo tan propio como é a nosa lingua. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e certamente preocupante.

Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que medra na súa inmensa riqueza, a pesar dos usos e abusos aos que está sometida acotío.

Prezo: Gratuíto. Entrada por convite, é necesario reservar.
Duración: 55 min.
Idioma: Galego

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 26 de Abril de 2018 | 11:00

FICHA ARTÍSTICA

Autor: Avelino González, Cándido Pazó, Xavier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, Núñez Singala, Marta Echeverría; Dirección: Avelino González; Elenco: Toño Casais, Artur Trillo