Prezo: ANTES 09/09: 5 € (VR) / 10 €. A PARTIR DE 10/09: 8 € (VR) / 12 €
Duración: 90 minutos
Idioma: GAL
Calificación: + 14
Duración: 90 minutos
Idioma: GAL
Calificación: + 14
ELENCO: MOFA & BEFA (EVARISTO CALVO E VÍCTOR MOSQUEIRA). AUTOR: QUICO CADAVAL. ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: BALTASAR PATIÑO. MESTRE DE VERSO: JESÚS ALADRÉN. DIRECCIÓN MUSICAL: FERNANDO REYES. VESTIARIO: CLOTI VAELLO. FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO: MARCELINO SANTIAGO ‘KUKAS’. PRODUCIÓN: RUBÉN G. PEDRERO. DIRECCIÓN: QUICO CADAVAL
BOBAS & GALEGAS (Mofa&Befa no Século D’ouro), Producións Teatrais Excéntricas
Espectáculo Finalista nos XVIII Premios Max das Artes Escénicas 2015 na categoría de Mellor Escenografía (Baltasar Patiño). Candidato nas categorías de Mellor Espectáculo, Mellor Autor Teatral e Mellor Dirección de Escena (Quico Cadaval) e Mellor Actor Protagonista (Evaristo Calvo)
Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa&Befa, foron detidos tras infrinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare.
Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan para saciar a súa sede de vinganza. Quen é a vítima? O inocente teatro clásico español.
Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cinicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. Tanto lles da a redondilla como o romance, aínda que non lles fan ascos ao agridoce sabor da silva.
Cales son as súas armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos. Poden transformarse, para lograr os seus fins, en anxos ou demos, cabaleiros ou bufóns, estofados ou quixotes.
Quico Cadaval