Cabaré

O Burlesco Malandrín presenta Cabaresque

XI FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ

 

Cabaresque é un show que combina o show de cabaret co burlesque, tamén a internacionalidade dalgúns números coa tradición do show de variedades e a Revista Española, mesturando sensualidade, jazz, tango, cuplé, humor e canallismo. É un show moi completo e moi rechamante que realizamos en lugares como o Teatro Circo Príncipe Pío en Madrid.

O elenco fórmano tres persoas que realizan un delirante show, sendo a granadina Srta Siller quen achega o Burlesque que ao final se vai acabaretando; Yess et Manie, encargada de recoller a roupa e complementos do escenario pero que ten un personaxe moi cómico que participa no trascurso do espectáculo; e Jacky Pinter, tamén coñecido como O Burlesco Malandrín, quen fai de mestre de cerimonias, showman e cantante como a parte máis cabareteira e cómica.

Un show que dá moito xogo á interacción e á improvisación nos momentos entre números creando unha atmosfera que fai que se goce a experiencia ao 100%.

O espectáculo será en petit comité, creando un ‘cabaré dentro da caixa’, con capacidade reducida a unhas selectas 70 persoas espectadoras. Sé unha das persoas afortunadas desta estrea exclusiva en Galicia!!!

Prezo: 7,79€ | 8,31€ | 10,39€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 2 de Outubro de 2020 | 21:00