Música

CAFÉ QUIJANO, El Bolero vol. 3

1- Apartáronse hai dez anos da música. Fixérono cun último disco que foi número un en ventas. Era puro rock! Aparecen, tras ese longo paréntese, cun xénero totalmente oposto ao da súa anterior etapa, Boleros!. Novo número 1 en ventas, nove anos despois!
2- No mes de xaneiro de 2013, oito semanas despois do seu lanzamento, toda a industria discográfica é consciente de que ‘Orígenes: el bolero’, de Café Quijano, é o disco revelación do ano e unha das sorpresas máis importantes dos últimos tempos.
3- Os seus discos mantéñense nas listas de vendas entre os máis vendidos dende hai dous anos, ininterrompidamente. Ás poucas semanas do lanzamento do seu primeiro álbum de Boleros xa era ‘Disco de Platino’ e, dende o primeiro día situouse no nº1 de vendas.
4- Durante o ano 2013 realizaron a xira máis extensa dun artista en España: máis de 60 concertos colgando o cartel de ‘sold out’ en, practicamente, todos os recintos.
5- No verán deste mesmo ano gravaron o segundo volume destes ‘Orígenes’ que veu a luz no mes de novembro con idéntico éxito que o anterior. Un mes despois xa era Disco de Ouro. Idéntico éxito na súa xira do 2014.
6- Non só apareceron novamente en escena cun concepto arriscado, os boleros, senón que, ademais, o seu repertorio é totalmente inédito e con todas as cancións orixinais compostas por Manuel Quijano.
7- Ningún dos grandes intérpretes da historia do bolero compuxeron ou triunfaron cun repertorio propio; Café Quijano si o fixo!
8- A imaxe do grupo é impecable. Sobre o escenario cada detalle está coidado ao máximo. Os seus concertos son pura exquisitez. Son o triunfo da sinxeleza elegante.
9- ‘Café Quijano’ foi o primeiro grupo español nomeado ao Grammy americano na súa 43ª edición.
10- Nos seus discos colaboraron artistas como Celine Dion, Joaquín Sabina, Olga Tañón, Armando Manzanero… e compartiron escenario, convidados pola ‘Latin Grammy Academy’, con artistas da talla de Herbie Hancock, Black Eyed Peas, Steve Vai, Rob Thomas, Maná e Carlos Santana.
11- ‘Café Quijano’ participou na gravación de bandas sonoras para películas como ‘Lilo&Stich’ (Walt Disney) e compuxeron un bo número de cancións para películas, series e infinidade de anuncios de televisión en América e Europa. Tamén compuxeron o himno oficial da Eurocopa 2004.
12- Os seus discos foron publicados en máis de 40 países con ventas que superaron os tes millóns de discos.

Prezo: 25 € (VR, PRINCIPAL) / 30 € (PLATEA, PALCOS)
Duración: 120 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 1 de Maio de 2015 | 21:00