Recital

Cancións de ida e volta. Os compositores do exilio (en homenaxe a Julio Andrade Malde)

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA 2020

 

No ciclo Os nosos intérpretes, que adicamos tódolos anos aos cantantes galegos que xa se atopan en pleno desenvolvemento das súas carreiras, nesta ocasión presentaremos ao barítono coruñés Borja Quiza, quen foi precisamente o encargado de inaugurar en 2006 outros dos nosos ciclos, o de As novas voces galegas. Nesta ocasión, Quiza ofrecerá por primeira vez en Galicia un programa adicado aos compositores da emigración.

Para moitos, os galegos gañaron a súa batalla pola identidade, case perdida en Galicia, na emigración e o exilio americano. Galicia e América non se poden entender unha sen a outra e unha proba fidedigna disto é que a poboación dese continente utiliza de xeito xenérico o termo ‘gallegos’ para dirixirse a tódolos españois. Os movementos intelectuais en torno á cultura galega nacen no exilio. A bandeira, o himno e a Academia da Lingua Galega aparecen en cidades como La Habana, Río de la Plata ou Caracas. Tal é así que non existe capital latinoamericana que non teña actualmente un centro galego que sirva de eixo cultural sen pecar de gregarismo. Este concerto repasa algunhas das cancións que unen ambas beiras, intercalando explicacións históricas e anécdotas das mesmas. Unha viaxe por Galicia, Cuba, Arxentina e México. Cancións en galego sobre temas da emigración, cancións populares latinoamericanas con autores galegos tanto de letra como de música e cancións que, aínda non tendo autoría galega, arraigáronse con forza no cancioneiro popular galaico de autores como Carlos Gardel. Este concerto servirá ademais para rendirlle merecido tributo ao crítico, musicólogo e compositores coruñés Julio Andrade Malde, finado o pasado mes de abril, nesta cidade. No seu recordo estrearase unha das súas cancións composta para a voz de barítono.

Prezo: 4,68€ | 4,99€ | 6,23€ | 7,79€ | 8,31€ | 10,39€ | 11,69€ | 12,47€ | 15,59€



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 12 de Setembro de 2020 | 20:00

SINOPSE

Repertorio
Obras de José Castro 'Chané', Xoán Montes, José Fernández Vide, Ernesto Lecuona, Andrés Gaos, Carlos Gardel, Consuelo Velázquez, Julio Andrade Malde…