Música

Cántigas da Terra

ESPECIAL

Os rexistros sonoros de 1921, 100 anos despois

Cántigas da Terra conmemora co seu público os primeiros rexistros sonoros que fixo en 1921. O coro coruñés, a través deste espectáculo, reflexiona sobre si mesmo e sobre o seu desenvolvemento ao longo dos anos. Para iso, ademais de contar con todo o elenco da entidade (Coro, Grupo de Gaitas, Cadro de Teatro e Corpo de Baile), poderemos escoitar de novo, no formato orixinal, aquelas primeiras gravacións de 1921. O público asistente desfrutará tamén das novas interpretacións recreadas pola formación actual de Cántigas da Terra, a través dun compendio de obras que definen a traxectoria da centenaria institución. No acto haberá, así mesmo, un pequeno coloquio con varios especialistas que reflexionarán sobre a repercusión que, na súa época, tiveron estas históricas gravacións.

Prezo: CONVITES ESGOTADOS.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 30 de Xuño de 2021 | 20:30