Música

Carlos Núñez: Celtic Beethoven

Carlos Núñez homenaxea a Ludwig van Beethoven tras o 250 aniversario do seu nacemento, interpretando obras compostas polo propio Beethoven, en base a melodías ancestrais irlandesas, escocesas e galesas. Trátase de case 200 cancións, non compuxo tantas obras de ningún outro xénero. Son practicamente descoñecidas, pese a que les adicou moito esforzo, tempo e entusiamos nos seus últimos anos de vida. Escribiunas en paralelo á sétima sinfonía, coa que comparten moitos elementos, ata o punto ser chamada a ‘Sinfonía Irlandesa’ ou a “apoteose da danza”, como dicía Wagner, que chegou a danzar unha das súas ‘jigas’, mentres Liszt, o seu sogro e mentor, a tocaba ao piano.

Carlos Núñez recupera na súa intepretación os ‘tempi’, ornamentación e espírito da música tradicional, nun concerto situado entre o podería ben coñecido de Beethoven e a sorprendente mestizaxe cultural xa imaginada polo mestre hai dous séculos.

Carlos acaba de estrealo en Francia en versión orquesta, xunto á Orchestre National de Bretaña e a estrela da ópera Bryn Terfel, con excelentes críticas de Le Monde e os principais xornais do país galo.

Carlos homenaxeará tamén a The Chieftains e Paddy Moloney, o seu mentor e mestre recentemente falecido, do que se despediu xunto a multitude de artistas en Dublín. Sorprendentemente, Beethoven utilizou para as súas composicións melodías tradicionais irlandesas que tamén inspiraron aos Chieftains, como por exemplo composicións do arpista Turlough O’Carolan, que xa na súa época fusionara a música tradicional irlandesa coas correntes do barroco europeo de moda.