Recital

Celso Albelo, Íntimamente

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA

A Programación inaugurarase cun recital do tenor Celso Albelo, Socio Honorífico de Amigos de la Ópera. Considerado por Plácido Domingo como o gran tenor español dos nosos días, Albelo ofrecerá un programa con música latinoamericana, ópera e zarzuela. En 2017, Albelo xa debía ter presentado na Coruña, cun recital, o cedé que gravou en Galicia para a multinacional Sonia, Íntimamente. Aquel concerto non puido celebrarse entón e agora será cando o público coruñés poderá gozar desta presentación. Albelo, que actuará xunto ao pianista Juan Francisco Parra, incluirá ademais arias de ópera do seu máis recente repertorio.

Canciones, romanzas de zarzuela e arias de ópera Guastavino, Ginastera, Quintero, Verdi, etc.

Celso Albelo, tenor
Juan Francisco Parra, piano