Música

Chicago Mass Choir

Ciclo Nadal no Colón

Presenta Connecting Souls.

Premio Stellar Award Mellor Coro de Gospel Tradicional 2107.

The Chicago Mass Choir, fundado en 1988 por James C. Chambers, emocionou audiencias de todo o mundo coa beleza das súas voces, a contaxiosa enerxía do seu ritmo e as súas conmovedores cancións de esperanza.

Polo menos 16 das súas producións alcanzaron as listas de éxitos de gospel de Billboard. Foron nomeados ou premiados aos Grammy, Dove ou Stellar Awards en numerosas ocasións.

Colaboraron cunha gran variedade de artistas en producións de primeira fila:

  • Bob Dylan en Gotta Serve Somebody.
  • Umphrey’s Mc Gee.
  • A banda grega Onirama.
  • Dr. Bobby Jones Show.
  • Three Mo Tenors, musical.
  • The Colored Purple, musical.

Colabora anualmente co Festival de Gospel de Chicago e actúa con regularidade no French Quarter Festival de Nova Orleans, así como no Staple Center de Los Ángeles.

Fan xiras europeas regularmente desde 2003 por Suíza, Croacia, Italia, Grecia e Alemaña. En decembro de 2011 fixeron a súa primeira xira española, en 2013 presentaron o programa ‘Singing Gospel Christmas’ e en 2015 o concerto ‘A Spiritual Tribute To B. B. King’.

Prezo: Principal (fila 1): 20€ / Principal: 22€ / Palcos e platea: 26€



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 20 de Decembro de 2018 | 20:30