Duración: 80 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +15
O espectáculo intégrano tres historias independentes: ‘La tela te lo vale’, situada nun mercado na rúa, onde as mulleres de etnia xitana venden ilegalmente o xénero ás amas de casa na procura de oportunidades. Unha celebración desa especial interacción entre mulleres que venden e compran.
As ‘Emigrantas’, adaptación do xénero do romancero gaditano para describir unha viaxe de supervivencia narrado a tres voces por unhas emigrantes, rematado pola comprensión e a solidariedade dos que veñen de fóra.
‘Cambio de estado’ no que un grupo de amigas sae a celebrar a despedida de solteira dunha delas, ‘la Shari’. Despois dunha atolada noite, na que irán aflorando os conflitos laborais, sentimentais e familiares, ‘la Shari’ pensará que , tal vez, sexa mellor non cambiar de estado.
REPARTO: ALEJANDRA LÓPEZ SEGOVIA, ANA LÓPEZ SEGOVIA, TERESA QUINTERO. DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: ANTONIO ÁLAMO. LETRAS: ANA LÓPEZ SEGOVIA. MÚSICA: LUIS NAVARRO, JAVIER MORA. VESTIARIO: CARMEN SÁNCHEZ. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: DAVID LINDE. COREOGRAFÍA: PALOMA DÍAZ. DESEÑO GRÁFICO E IMAXE: ARANTXA SANTAMARÍA. PRODUCIÓN: VERÓNICA SOSA, MATILDE RUBIO.
CHIRIGÓTICAS
Chirigóticas foi un espectáculo concibido como unha produción puntual do Festival Madrid Sur para a inauguración do Teatro José Monleón de Leganés (encargo que realizou o mesmo Monleón ao dramaturgo Antonio Álamo), a boa recepción do mesmo fixo que nos formulásemos a posibilidade de non deixalo morrer tras esa noite. O resultado foi unha xira que superou as 200 representacións e dúas tempadas nun teatro privado de Madrid.
Por suposto que nada disto tería sido posible sen a complicidade do público ante o experimento e a boa sintonía dos seus creadores así como as ganas de seguir investigando esa liña teatral recén aberta. Que pasaría se, fuxindo da rixidez do xénero, introduciramos os conceptos de personaxe e acción dramática na chirigota gaditana? Todo isto deu lugar a Chirigóticas, compañía que hoxe conta con dous espectáculos máis no seu repertorio: ‘La maleta de los nervios’ e ‘La Copla Negra’.