Música

CLASSICAL CONCERT CHAMBER ORCHESTRA

Classical Concert Chamber Orchestra, un conxunto versátil de trinta e cinco músicos de primeira liña, da un novo xiro á experiencia orquestral de cámara. A orquestra foi creada en 2006 en California (EE.UU), e é dirixida polo seu fundador e solista principal o mestre Ashot Tigranyan, violinista de traxectoria mundial graduado do Conservatorio de Moscú, discípulo do lexendario violinista ruso Leonid Kogan.

Dende o ano 2012 a orquestra ven realizando numerosas xiras con grande éxito por España, Reino Unido, Polonia, Italia, Noruega, Suecia, Finlandia e Dinamarca, actuando en prestixiosas salas como o Palau de la Música Catalana, Helsinki Music Center, Glasgow Royal Concert Hall, St. George’s Hall Liverpool, Teatro della Pergola de Florencia, por citar algunhas.

O presente concerto realízase no marco da súa cuarta xira por España entre o 5 e o 25 de febreiro de 2015. A mesma inclúe as cidades de Valencia, Zaragoza, Madrid, A Coruña, Valladolid, Barcelona, San Sebastián, Montpellier (anticipo Tour Francia), Pamplona e Bilbao.

Ademais do estilo típico da escola rusa tradicional, CCCO combina un son cálido e vibrante coa riqueza da cor tonal pola que é recoñecida. Mestre Tigranyan elaborou o son da orquestra que recorda a voces operísticas, sen deixar de provocar ovacións de pé.

Prezo: 18 € (VR) / 26 € / 33 €
Duración: 135 minutos (descanso incluido)

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 13 de Febreiro de 2015 | 20:30

SINOPSE

“De Vivaldi e Mozart a Sarasate” inclúe unha finísima selección de obras para violín e orquestra dos compositores Antonio Vivaldi e Wolfgang A. Mozart, así como obras mestras de autores españois tales como Manuel de Falla e entre os ‘Highlights’ a Fantasía sobre Carmen Op. 25 de Pablo Sarasate, obras interpretadas con virtuosismo polo mestre Ashot Tigranyan quen actuará como solista principal.

PROGRAMA

A. Vivaldi – Concerto para violín en sol menor, RV317; Op. 12, No. 1
W. A. Mozart – Concerto para violÍn No. 4 en Re Mayor, K. 218

PAUSA

M. de Falla – Suite Popular Española (sobre 7 Canciones Populares españolas)
Pablo de Sarasate – Fantasía sobre Carmen op. 25