En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe.
Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios…
Iso é Códice K: o que non se sabe porque nunca se contou. Códice K, o máis grande ‘true crime’ da historia de Galicia.
Interpretado por Lucia Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos, Patricia Castrillón e coa música en directo de Russ, Códice K conta a través das personaxes femininas que formaron parte deste estrafalario episodio da nosa historia recente.
Escrito por Manuel Cortés e dirixido por Tito Asorey, o espectáculo adopta o estilo do documental sobre crimes, resaltando o cómico que ten non só a historia, senón como foi contada.
Códice K