Monólogos

Corentena. Perdomo e Touriñán en directo

ARREDOR DA LINGUA

 

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo. Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.

Prezo: Entradas esgotadas



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 8 de Decembro de 2023 | 20:30
  • Venres, 8 de Decembro de 2023 | 23:00
  • Sábado, 9 de Decembro de 2023 | 20:00
  • Sábado, 9 de Decembro de 2023 | 22:30