Cine

Cormorán Film Fest: Overseas, Meu nome é Bagdá, Dummy, Sound Spring seq. #6, A Mordida

CINEMA EXPERIENCE

 

➡ 16.30 horas. Curtas

✅ DUMMY (Laurynas Bareisa, Lituania). Estrea en España.
✅ SOUND SPRING SEQ. #6 (Catalina Álvarez, USA). Estrea en España.
✅ A MORDIDA (Pedro Neves, Portugal). Estrea en España
Charla online cos directores

➡ 18.00 horas

✅ OVERSEAS (Sung-A Yung, Corea del Sur).

➡ 20.00 horas

✅ MEU NOME É BAGDÁ (Caru Alves de Souza, Brasil).
Charla online coa directora.


O Cormorán Film Fest é un festival internacional de cine de autor, que nace coa vontade de traer á Coruña películas e pezas que reflicten a visión do mundo dos seus directores, e presentan historias en sintonía cos desafíos e conflictos das sociedades actuais. Precisamente o nome de Cormorán alude a isto; como unha das únicas aves que se sumerxe tralo seu alimento, buscamos un cine que arrisque e profundice nos problemas e dilemas de hoxe en día, que navegue as augas bravas do que significa vivir en 2020.

En 2020 manteremos este espírito, presentando un cine comprometido e honesto que conmova e faga pensar, e acompañe ao público ao salir da sala. Porque o Cormorán mergúllase cara o futuro, en busca de propostas constructivas coas que superar o estatismo da ironía e construir realidades sinceras. Cine, música, letras: faino ti mesmo!

PROGRAMA COMPLETO

 

Prezo: De balde con convite



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 28 de Outubro de 2020 | 16:30