Cine

Cormorán Film Fest: Eles transportan a morte; Gunda

CINEMA EXPERIENCE

 

O Cormorán Film Fest aterra de novo na Coruña!!

Do 13 ó 16 de outubro o Teatro Colón será a sede do sétimo arte na cidade, cunha elección internacional de longas e curtametraxes tras o seu paso por grandes festivais de tódolo mundo, ademáis de charlas cos directores e demáis invitados, que xunto cos concertos do día 11 e 17, farán desta semana o goce cultural definitivo. Agardámosvos!

Programa do día 16

  • 17.30 horas. Curtametraxes
  • 19 horas. ELES TRANSPORTAN A MORTE
    Helena Girón, Samuel Delgado / Galicia / 2021 / 75 min / Premiere Galicia
    1492. Entre a tripulación de Cristóbal Colón viaxan tres homes que xa deberían estar mortos. Conseguiros evitar as súas condeas participando na incerta viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, fuxen cargados cunha das velas da embarcación. Mentras, no Vello Mundo, unha muller trata de salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axulada. Ambas viaxes trata de burlar á morte. Ambas viaxes están a mercé do tempo e da historia.
  • 20.30 horas. Charla con Helena Girón e Samuel Delgado
  • 22 horas. GUNDA
    Victor Kossakovsky / Noruega / 2020 / 93 min
    Gunda é a protagonista deste documental en branco e negro. Coida dos seus fillos, acompáñaos nos seus descubrimentos e tómase un pequeno respiro para recuperar a enerxía. Achégase curiosa á cámara. sabe cal será o seu destino? Que é o que estará a pensar? Que pensará de nós? Gunda é unha dos varios centenares de millóns de porcos que habitan o planeta xunto aos seus bacoriños recén nados. Están xogando no barro, espantando ás moscas ou buscando vermes. Viven.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 16 de Outubro de 2021 | 17:30