Cine

Cormorán Film Fest: Loves me, loves me not; All light, everywhere

CINEMA EXPERIENCE

 

O Cormorán Film Fest aterra de novo na Coruña!!

Do 13 ó 16 de outubro o Teatro Colón será a sede do sétimo arte na cidade, cunha elección internacional de longas e curtametraxes tras o seu paso por grandes festivais de tódolo mundo, ademáis de charlas cos directores e demáis invitados, que xunto cos concertos do día 11 e 17, farán desta semana o goce cultural definitivo. Agardámosvos!

Programa do día 13

  • 17.30 horas. Curtametraxes
  • 19 horas. LOVES ME, LOVES ME NOT
    Kathrine Skibsted, Caroline Mathilde Salic y Andrine Moland / Dinamarca / 2021 / 73 min / Estrea nacional
    Unha mirada íntima ás vidas amorosas de 20 rapaces. Mediante conversas vulnerables sobre as súas experiencias persoais, contan unha moderna, poética e realista historia de amor en 2021.
  • 20.30 horas. Charla coas directoras
  • 22 horas. ALL LIGHT, EVERYWHERE
    Theo Anthony / USA / 2021 / 105 min / Estrea en Galicia
    Un estudo en profundidade sobre os prexuizos do ser humano á hora de analizar unha situación determinada nunha sociedade repleta de distintos métodos de vixilancia, afondando especificamente no uso das cámaras corporais das forzas policiais.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 13 de Outubro de 2021 | 17:30