Danza

Corufest | Outrora Nós, de Mevadeus

DE FESTIVAIS: CORUFEST 2023

 

Catro xóvenes, pertencentes á xeración Z, fan unha viaxe entre pasado e presente coa premisa de saber: Quen seríamos nós outrora nós? O amor e a tradición son o fío conductor desta experiencia escénica que se pregunta de que maneira o desexo de amar e ser amados nos forma, nos conforma ou nos deforma.

Unha mocidade que se atopa para descubrir respostas sobre a identidade tendo a valentía de cuestionar quen son e cara a onde van co desexo de evitar os erros dun pasado que aínda nos pertence.

En Outrora Nós, viaxamos ao pasado para atopar respostas do noso presente, investigando os diferentes tipos de violencia a través da linguaxe corporal. Nesta mestura de pasado e presente, xérase unha expresión propia onde o movemento é o principal narrador desta historia.

A poética corporal mestúrase coa creación da paisaxe sonora a través dun pedal looper e outros instrumentos como o da pandeireta, as voces das intérpretes, cantigas populares cheas de dobres sentidos sobre sexo e liberdade e testemuñas documentais e persoais que acompañan á linguaxe contemporánea do movemento envolvéndonos en sons doutros tempos desvanecendo os límites entre o aquí e o agora.