Teatro

Cranios privilexiados… ou crítica da razón perralleira

Mofa e Befa

Logo de vinte e cinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de palcos e tablaos, tanto flamencos como euskaldúns, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas ou nos desabrigados cortellos das redes teatrais do estado, o celebrado dúo cómico Mofa e Befa enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana, aquela que obriga aos dubidantes a desconfiar de todo o que os arrodea, a comezar por si mesmos, postulando ademais a existencia dun xenio maligno, tal vez un escuro funcionario da Xunta de Galicia, responsábel de os conducir por errados camiños e empurralos por derivas pouco sustentábeis desde un punto de vista racional. É hora de pensar, non queda outra.

Prezo: Palcos laterais e VL: 4 € / Principal e Palcos centrais: 8 € / Platea: 10 €



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 13 de Abril de 2018 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

Josito Porto e Víctor Mosqueira