Música

Cristina Branco e a Real Filharmonía de Galicia

ESPAZO DA BIODIVERSIDADE

 

Cantigas de Sal

Cristina Branco reúne toda a emoción que o xénero podía conter na súa conexión íntima entre voz, poesía e música. Tal como fixeron outros que, desde mediados dos anos 90, encontraron no fado a súa forma de expresión, co que contribuíron a unha renovación sorprendente da Canção de Lisboa, Cristina Branco comezou a definir o seu percorrido, onde o respecto pola tradición camiña paralelo ao seu desexo de innovar.

2018 é o ano de “Branco”, disco amplamente recoñecido pola crítica (5 estrelas na revista Time out, 4 estrelas no Expresso e 4,5 estrelas no Ípsilon). Este novo traballo da cantante, con arranxos do trío composto por Bernardo Couto (guitarra portuguesa), Bernardo Moreira (contrabaixo) e Luis Figueiredo (piano), é un disco persoal e unha nova páxina na súa carreira. Segundo a propia Cristina, “é o disco en que prometo liberarme de calquera prexuízo, xuntando realidades que se transforman gradualmente nun novo-normal no que todo é posible e as alternativas se revelan claras, nítidas”.

A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, desde 2013, o seu director titular e artístico, posto no que o precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por 50 músicos de 17 nacionalidades diferentes.

Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha temporada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria, acompañárona os directores máis destacados, cantantes e instrumentistas do mundo. Realizou xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Comprometida co territorio ao que lle presta servizo, actúa asiduamente por toda Galicia.

Real Filharmonía de Galicia

A RFG amosa un interese especial pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de 12 cedés, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola.

A Real Filharmonía de Galicia traballa no achegamento a novos públicos, a través de propostas didácticas, familiares e programas especiais e promove, ademais, a realización de concertos en espazos abertos.

A orquestra forma un proxecto conxunto coa Escola de Altos Estudos Musicais, coa que colabora para lles ofrecer unha formación altamente especializada en práctica orquestral a intérpretes que están comezando.

Prezo: 15€ | 20€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 15 de Febreiro de 2019 | 20:30

SINOPSE

PROGRAMA ……………………………………………………………………………………………… I
MÁRIO LAGINHA (1960)
Abertura 2011
Camponês Alentejano (Alentejo)

ALFREDO DUARTE MARCENEIRO (1891-1982) (arr. M. Laginha)
Estranha forma de vida

POPULARES (arr. M. Laginha)
Ó Laurinda. Linda, Linda (Algarve)
Mirandum se fui a la guerra (Miranda do Douro)

ALAIN OULMAN (1928-1990) (arr. M. Laginha)
Alfama

ARMANDO MACHADO (1899-1974) (arr. M. Laginha)
Se não chovesse tanto, meu amor

MÁRIO LAGINHA
Margarida


II

CUSTÓDIO CASTELO (1966) (arr. M. Laginha)
Sete pedaços de vento

JOSÉ PEDRO BLANC (1914-1959) (arr. M. Laginha)
Fado Blanc

ALAIN OULMAN (arr. M. Laginha)
Abandono
MÁRIO LAGINHA
Quando julgas que me amas

ALAIN OULMAN (arr. M. Laginha)
A minha terra é Viana

POPULARES (arr. M. Laginha)
Rapazes, meninos (Estremadura)
José Embala o Menino (Beira-Baixa)

ALAIN OULMAN (arr. M. Laginha)
Maria Lisboa

FICHA ARTÍSTICA

Pedro Neves, Director
Cristina Branco, Fadista
Mário Laginha, Piano
Miguel Amaral, Guitarra portuguesa