O Día da Ciencia na Rúa, que tradicionalmente reúne a ducias de centros educativos e milleiros de persoas no Parque de Santa Margarita, trasládase este ano de xeito excepcional ao Teatro Colón nunha xornada que conserva a esencia da celebración adaptándoa as circunstancias sanitarias.
Esta edición especial chega nun cambio de ciclo, tras unha exitosa traxectoria de 24 anos organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias da man do seu presidente Javier Novelle, falecido hai uns meses. O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos e coa colaboración de EMALCSA e a Cátedra UDC-EMALCSA, da un novo impulso a este evento nun formato que permite continuar a actividade aínda nestes tempos nos que se deben evitar as reunións multitudinarias.
Así, o escenario do Teatro Colón recibirá o sábado 8 de maio a alumnado de 17 centros escolares da Coruña, Betanzos, Cambre e Culleredo que presentarán actividades e experimentos científicos ante un público limitado ao alumnado e profesorado participante. As presentacións de cada centro iranse sucedendo de forma individual sobre o escenario, en 3 bloques temporais que van de 9.45 a 12 horas, de 12.30 a 14.30, e de 16.30 a 19 horas.
Día da Ciencia. Da rúa ao teatro

O Día da Ciencia poderase seguir por streaming.