Ópera en versión concierto

Don Carlo

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA

Primeira vez en Amigos de la Ópera de A Coruña.

Versión concerto.

Amigo de la Ópera de A Coruña proponse case cada ano estrear algún título que nunca se ofrecese con anterioridade na longa historia xa desta institución, decana entre as españolas e galardoada este ano co Premio de Honor nos galardóns líricos que conceden os principais teatros e festivais nacionais. Para esta ocasión recuperarase en versión de concerto, e como recordo e tributo á recentemente falecida soprano Montserrat Caballé, unha das obras maiores de Giuseppe Verdi, o seu Don Carlo, cun elenco excepcional encabezado, entre outros, por unha das novas estrelas do Metropolitan de Nova Iorque, a soprano norteamericana Angela Meade (Elisabetta), que xa cantou con gran éxito Ermione e Il Trovatore na Coruña.

Este título suporá ademais a volta á Programación coruñesa do gran barítono español Carlos Álvarez (Rodrigo) e o debut aquí do baixo italiano Ferruccio Furlanetto, que fixo seu o rol de Filippo II durante os últimos trinta anos, interpretándoo en tódolos teatro de referencia no mundo. De feito, Furlanetto voltará agora a ofrecer o seu recoñecido Filippo II na Coruña e na temporada do Royal Opera House Covent Garden de Londres. Nos papeis protagonistas actuarán tamén o tenor italiano Francesco Pio Galasso (Don Carlo), que debuta na ciudade; a mezzo Elena Zhidkova (a Eboli oficial da ópera de Viena); e o excelente baixo Luiz-Ottavio Faria (Gran Inquisidor). A Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos actuarán baixo a batuta de Kamal Khan, tralos seus recentes éxitos na Programación Lírica coruñesa, na que dirixiu xa ás sopranos Pretty Yende e Angela Meade, ademais de títulos como Carmen, Tosca e A sonámbula.

Prezo: 20€ | 80€ | 95€



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 28 de Setembro de 2019 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

Don Carlo: Francesco Pio Galasso, tenor
Elisabetta di Valois: Angela Meade, soprano
Rodrigo: Carlos Álvarez, barítono
Filippo II: Ferruccio Furlanetto, bajo
Eboli: Elena Zhidkova, mezzosoprano
Il Grande Inquisitore: Luiz-Ottavio Faria, bajo
Un frate: Jeroboám Tejera, bajo

Coro Gaos
Orquesta Sinfónica de Galicia
Kamal Khan, director musical