Concierto dramatizado

Don Xoán no inferno

Especial Día de Defuntos

Catrocentos anos separan a aparición do primeiro Don Juan de Tirso de Molina dos nosos días. Ao longo de todo este tempo, a maior necesidade de dar un xiro brusco a esta figura xéstase nos últimos anos nos que a sensibilidade xerada desde a repulsión que produce na nosa sociedade o comportamento e modos deste personaxe, fainos ver á figura do Don Xoán como un ser absolutamente reprobable.

Aínda que, uns douscentos anos despois de primeiro, o Don Xoán de Zorrilla logra a redención tras o seu arrepentimento, liberado da súa eterna penuria ‘pola súa’ Dona Inés, parece necesaria unha visión menos paternalista da historia.

A Orquestra de Cámara Galega presenta unha proposta que é un enxerto, unha hipérbole no preciso instante anterior á redención que lle ofrece Zorrilla alá polo 1844. Durante a representación do 2018, Don Xoán terá a oportunidade de vivir o tormento que propiciou á súa contorna desde unha perspectiva actual.

Este espectáculo musical pretende levar o Don Xoán aos infernos, a percorrer atormentado a súa propia historia desde o punto de vista das súas múltiplas vítimas, devolvéndolles a voz a través da música con chiscadelas ou referencias desde a danza e a interpretación.

Prezo: Principal (fila 1): 8€ / Principal: 11€ / Palcos laterais: 14€ / Palco central e platea: 18€



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 31 de Outubro de 2018 | 20:30