Música

Donaire: Adonáirate meu ben!

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN: DÍA EUROPEO DA MÚSICA 2021

Realizaremos unha pequena mostra de como era a vida no século XIX e comezos do XX no rural galego, pasando polos diferentes ciclos do ano e tamén da vida (cantos e bailes de matrimonio, arrolos, de arrieiro…).

Houbo un momento no que o tempo non costaba diñeiro, costaba só o traballo ben feito, a labor útil, ou o froito que daba a terra ben tratada. Os oficios e traballos, pegados á terra, eran unha filosofía de vida, marcas de pertenza á comunidade, eran a vida mesma que sempre ía acompañada de música.

Tratarase dunha actuación altamente dinámica, na que a música e o baile non pararán en ningún momento, creando un espectáculo atractivo para o espectador.

Utilizaremos varios vestiarios, nun intento de que durante a nosa actuación se perciba un repaso dos distintos estilos que temos en Galicia.

Faremos breves presentacións para que o espectador poida sumerxirse de cheo na maxia de Donaire, sendo partícipe de primera man.

Prezo: CONVITES ESGOTADOS.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 27 de Xuño de 2021 | 20:00