Musical

EL SECRETO DE LAS MUJERES, Diagoras producciones

O home propón e Deus dispón… Ou era a muller a que acababa dispoñendo…?

Un home criado entre mulleres decide empeñar a súa vida en buscar e atopar o segredo que fai que as mulleres sexan tan misteriosas e exerzan ese poder no xénero masculino. Moitas son as mulleres que nos rodean: nais, noivas, amantes, irmáns, compañeiras … algunha quizais coñeza o segredo.

Esa busca e todos os seus traumas infantis de criarse nun ambiente feminino lévano a encherse de manías, taras e múltiples neuras. Só ten unha amiga muller e é imaxinaria, péchase no baño para planar as cebolas, non come carne, ve aos seus amigos e pacientes como mulleres, soña esperto unha realidade paralela onde imaxina todo a ritmo de música e vai a un psicanalista que está peor ca el e que se converte no seu amigo. Con todos estes ingredientes a comedia está máis que servida.

Unha comedia musical con temas orixinais onde o espectador é amigo, confesor e psicanalista do noso protagonista e onde realidade e imaxinacion se mesturan para facer un show moi divertido co obxectivo de entreter e conseguir que o espectador saia cun sorriso na cara.

Prezo: ANTES 22/01/2016: 12 € (VR) / 16 €. A PARTIR DE 23/01/2016: 12 € (VR) / 18 €
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +15

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 29 de Xaneiro de 2016 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: DANIEL ACEBES, LOURDES ZARNALLOA, CANDELA ARROYO, CARLES CUEVAS, EMILIO VERDEJO. DIRECCIÓN MUSICAL: YANN CHARPENTIER, EMILIO VERDEJO. COREOGRAFÍA: ANDONI LARRABEITI. TEXTO ORIXINAL: YOLANDA DORADO. ADAPTACIÓN: DANIEL ACEBES. MÚSICA E LETRAS: YANN CHARPENTIER, EMILIO VERDEJO. DIRECCIÓN: DANIEL ACEBES coa colaboración de CARMEN PARDO. PRODUCIÓN, XESTIÓN E DISTRIBUCIÓN: DIAGORAS PRODUCCIONES.